1. Obxecto

O presente documento regula os termos e condicións aplicables á solicitude e participación como expositor nos mercados de artesanía, antigüidades e outros eventos multisectoriais organizados pola entidade convocante. A remisión da solicitude de participación implica a aceptación íntegra, expresa e sen reservas do contido deste texto, que terá carácter vinculante para ambas partes.

2. Protección de Datos Persoais
2.1 Finalidade do tratamento

Os datos persoais recollidos mediante o formulario de inscrición serán tratados coa única finalidade de xestionar a participación no evento e garantir o correcto desenvolvemento organizativo e loxístico, incluíndo a posibilidade de crear grupos de comunicación entre participantes e organización (ex. grupos de mensaxería instantánea).

2.2 Non cesión a terceiros

En ningún caso se cederán, compartirán nin comercializarán os datos a terceiros alleos á organización do evento.

2.3 Prazo de conservación

Os datos serán eliminados de forma segura tras a finalización do evento e a conclusión de todas as xestións asociadas, salvo obriga legal de conservación.

2.4 Dereitos da persoa interesada

A persoa titular poderá exercitar en calquera momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición ou limitación do tratamento mediante solicitude aos contactos indicados.

2.5 Responsable do tratamento

Nome: Alejandro Prieto Blanco NIF: 79345685D Domicilio social: Felgueira 5, Cerdido Correo electrónico: info@lughnasutio.com Teléfono: +34 613 076 772

3. Condicións de Participación
3.1 Responsabilidade do expositor e recomendación de seguro de Responsabilidade Civil

Cada expositor será exclusivamente responsable do seu posto, dos produtos exhibidos e das estruturas ou instalacións utilizadas (carpas, mobiliario, etc.), así como de calquera incidente ou dano causado por acción ou omisión propia. A organización declina toda responsabilidade derivada de feitos atribuíbles ao expositor ou a terceiros alleos á organización. É altamente recomendable que os expositores contraten un seguro de Responsabilidade Civil que cubra posibles danos a terceiros, tanto materiais como persoais, que puideran derivarse da súa actividade no evento. A organización poderá solicitar, con antelación, a acreditación de que o expositor conta con esta cobertura, pero non será requisito obligatorio. En canto a postos de alimentación, será condición obligatoria contar con seguro de Responsabilidade Civil e acreditación como manipulador de alimentos.

3.2 Cancelación por parte do expositor e política de reembolsos

A organización realiza investimentos loxísticos, humanos e económicos para a preparación do evento desde o momento da recepción das solicitudes. Por esta razón, e co fin de garantir a viabilidade organizativa e a estabilidade financeira do mesmo, establécense as seguintes condicións: Cancelación comunicada polo expositor cun mínimo de 20 días naturais de antelación respecto á data do evento: poderá solicitarse o reembolso do 50% do importe abonado. O 50% restante considerarase en concepto de gastos de xestión e reserva non recuperables. De non solicitar o reembolso, o importe aboado conservarase para unha nova data. Cancelación comunicada polo expositor entre os 19 e os 10 días naturais previos ao evento: poderá solicitarse o reembolso do 25% do importe abonado. De non solicitar o reembolso, o importe aboado conservarase para unha nova data. Cancelación comunicada con menos de 10 días naturais de antelación: non se efectuará reembolso ningún, independentemente da causa alegada. Tampouco se conservará o importe aboado para unha nova data. A ausencia inxustificada do expositor na data do evento sen comunicación previa entenderase como renuncia tácita, non dando dereito a devolución algunha nin a reserva de praza en futuras edicións. Estas condicións serán de aplicación salvo disposición legal imperativa ou acordo expreso e excepcional coa organización.

3.3 Aplazamento do evento

No caso de que o evento deba ser adiado por causas de forza maior ou decisión organizativa xustificada, o importe aboado conservarase para a nova data. Se o expositor non pode asistir na data reprogramada, poderá conservar o importe como crédito para unha edición futura.

3.4 Cancelación do evento por parte da organización

En caso de cancelación definitiva do evento sen alternativa posible, os expositores terán dereito á devolución íntegra dos importes aboado, salvo que opten voluntariamente pola conservación do importe como crédito para unha futura edición. A organización comprométese a ofrecer alternativas razoables sempre que sexa posible.

3.5 Obrigas do expositor e declaración responsable

O expositor, mediante a súa participación, manifesta baixo a súa responsabilidade que:

  1. Todos os datos facilitados á organización son veraces.

  2. Conta cos rexistros sanitarios en vigor dos produtos que así o requiran, así como co carné de manipulador de alimentos se fose necesario.

  3. Está dado de alta en Facenda, ao corrente nas obrigas fiscais estatais e autonómicas, para o caso de empresas/empresarios.

  4. Está de alta na Seguridade Social e ao día nos pagos correspondentes, para o caso de empresas/empresarios.

  5. Cumpre coa normativa vixente en materia de prevención de riscos laborais, de ser aplicable, para o caso de empresas/empresarios.

  6. Cumpre coa legalidade vixente en materia de comercialización de produtos, comprometéndose expresamente a non ofrecer artigos ilegais, falsificados ou de procedencia dubidosa.

  7. Respectará as normas da organización e seguirá as indicacións do persoal organizador durante todo o evento.

3.6 A persoa solicitante declara, baixo a súa responsabilidade:
  1. Que leu, comprende e ACEPTA integramente e sen reservas o contido dos Termos e Condicións de Participación, que regulan o funcionamento e desenvolvemento do devandito mercado, comprometéndose ao seu estrito cumprimento durante toda a duración do evento.

  2. Que se compromete a actuar conforme aos principios de boa fe, convivencia e respecto á normativa vixente, así como a seguir en todo momento as instrucións e indicacións do persoal da organización, co obxecto de garantir o correcto desenvolvemento do evento, a seguridade dos asistentes e a convivencia entre os expositores.

  3. Que, no exercicio da súa actividade durante o evento, asume toda responsabilidade polos produtos exhibidos e/ou comercializados, así como polos elementos materiais do seu posto, comprometéndose a manter en perfecto estado de orde e limpeza a súa área de exposición e a responder por calquera dano que puidese causar directa ou indirectamente.

  4. Que coñece e respectará a normativa vixente en materia de protección ao consumidor, seguridade alimentaria (no caso de manipuladores de alimentos), propiedade intelectual, comercio ambulante ou calquera outra lexislación aplicable á súa actividade específica, sendo responsabilidade exclusiva do expositor o cumprimento das obrigas legais que lle correspondan.

  5. Que, se lle fose requirido, comprométese a achegar a documentación acreditativa necesaria para verificar o cumprimento das condicións de participación e, así mesmo, AUTORIZA expresamente á entidade organizadora a solicitar ás administracións públicas competentes a información pertinente para comprobar a veracidade dos datos facilitados nesta solicitude.

  6. Que acepta a posibilidade de que a súa participación sexa denegada ou revogada no caso de incumprimento das condicións establecidas ou por causas xustificadas pola organización.

4. Aceptación

A formalización da solicitude e participación no evento implica a plena aceptación dos presentes termos, sen posibilidade de negociación individual. A organización poderá requirir a sinatura expresa do presente documento no momento de confirmación da praza.

5. Modificacións

A organización resérvase o dereito de modificar os presentes termos e condicións por razóns organizativas, legais ou de forza maior. Calquera modificación será comunicada aos participantes inscritos con antelación razoable, ofrecéndolles a posibilidade de aceptar os novos termos ou renunciar á súa participación, nos prazos e condicións que se indiquen.

Termos e condicións referentes aos mercados