Voltamos a Cedeira

25.05.2025

Mercado multisectorial en Cedeira

Voltamos! Hai anos estes mercados comezaran a converterse nunha tradición: un punto de encontro para amantes da artesanía, do coleccionismo e das pezas con historia. Tras case seis anos de silencio —e dous intentos frustrados polo mal tempo— á terceira vai a boa!

O 25 de maio, na Praza Roxa de Cedeira, recuperaremos nun único espazo todo o que facía especiais aquelas edicións: artesanía, antigüidades, segunda man e coleccionismo. Unha oportunidade perfecta para atopar obxectos únicos, descubrir tesouros e gozar da experiencia de mercar directamente aos creadores e vendedores.

Que atoparás?

  • Artesanía local · Pezas feitas a man, con mimo e identidade propia.

  • Antigüidades & vintage · Obxectos con historia que merecen unha nova vida.

  • Moda e decoración de segunda man · Estilo e sostibilidade a prezos accesibles.

  • Coleccionismo · Dende moedas e selos ata curiosidades difíciles de atopar.

E, por suposto, haberá algunhas sorpresas adicionais tanto para compradores coma para expositores.

Marca a data, comparte a nova e ven celebrar con nós a volta deste mercado que tanto botabamos en falta. Voltamos… e esta vez si: á terceira vai a boa!